XESTA - Xestión de Establecementos de tecidos: sistema de codificación e xestión de Stock, Trazabilidade e Alertas de biovixilancia (Código de expediente: IN852A 2014/67). Organismo concedente: Axencia Galega de Innovación (GAIN). Axuda concedida: 110.038,70 euros. O proxecto busca definir unha etiquetaxe, conforme ao novo código único europeo e baixo condicións ambientais de frío extremo, a través de compoñentes RFID e NFC que permita realizar unha lectura en tempo real do estado e localización dos tecidos. Esta etiquetaxe apoiarase nun sistema que integre e automatice os procesos relacionados co transplante de tecidos a nivel hospitalario e cuxa principal utilidade será unha mellora nas tarefas de biovixilancia. O representante da agrupación promotora deste proxecto é a empresa Tecnologías Plexus SL.